19 de mar. de 2014

3,2,1... COMEZAMOS!


Este venres, 21 de marzo dará comezo TEATROFILIA da man dxs compañeirxs de Disfunción Continua de A Estrada, coa peza "Era outros tempos, ou non?".




SINOPSE

Cinco mulleres reúnense diante do público para recordar algúns dos episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous planos temporais; o actual e mais aquel inesquencible curso de 1956-1957 nunha escola de nenas. Escena a escena imos coñecendo as clases de matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. As alumnas buscan recursos para memorizar e evitar ser reprendidas polos mestres, fan unha visita escolar á emisora local e mesmo reciben a visita do inspector.

Fontes: http://disfuncioncontinuateatro.blogspot.com.es/ 


A CULTURA RESISTE!



7 de mar. de 2014

Programación Teatrofilia 2014

Bo día teatreiros/as!!

Xa temos programación e cartaces recén chegadiños da imprenta.

OLLO AO CAMBIO:

O día 22 de marzo, trócase a función de Volta e Dálle pola peza "Visións dun Cego" de Teatro Atlántica de Matamá.




A CULTURA RESISTE!

4 de mar. de 2014

Gañadora do Concurso de Carteis Teatrofilia 2014

Queridos amigos teatreiros, 

É un pracer para nós anunciarvos que este fermoso cartel presentado por Andrea Valado (Ourense) resultou gañador do IX Concurso de carteis para anunciar a Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2014. O próximo 21 de marzo faráselle entrega do premio durante a inauguración da Mostra. Moitas grazas a todos por participar! Seguide atentos ao blog e ás nosas redes sociais xa que nos próximos días publicaremos toda a programación.