19 de dec. de 2013

IX Concurso de Carteis de Teatrofilia


A Asociación Cultural Papaventos convoca o IX concurso de carteis para anunciar a XI Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2014. As bases do concurso son: 

1º) PARTICIPANTES
- Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos.
-Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 

2º) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
-Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. 
- Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. 
- O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica empregada.
-No cartel figurará rotulado: 

Teatrofilia 
XI Mostra de Teatro Amador de Vedra 

É obrigatorio usar a tipografía “Alba” para a palabra Teatrofilia. Esta, pódese descargar no seguinte enderezo web: http://www.fontreactor.com/ 
-Deberase ter en conta que en algún lugar do cartel irá a programación da mostra así coma os logotipos das entidades que fan posible Teatrofilia. 
-O xurado deste concurso valorará a orixinalidade do carteis, así como a súa eficacia comunicativa e o impacto e a calidade do deseño.

3º) PRESENTACIÓN 
-A data límite para a presentación de carteis é o 17 de xaneiro de 2014. 
- En ningún caso o cartel deberá ir identificado co nome do autor/a nin con pseudónimo. 
- Os concursantes deberán presentar unha copia do seu traballo en tamaño folio. Dita copia e a identificación (Nome e apelidos, Nº de telf. e e-mail) do autor ten que presentarse nun sobre pechado. Sería desexable, aínda que non imprescindible, unha copia do traballo en soporte informático.
-Os sobres pechados xunto cos carteis presentaranse no Concello de Vedra ou poderán remitirse ao seguinte enderezo: 

Asociación Cultural Papaventos
Rúa da Boca, nº 9 CP 15885, Vedra (A Coruña) 

4º) PREMIOS 
-O autor/a do cartel gañador será premiado con 250 euros. -Cada participante deste concurso será obsequiado cun bono para a vindeira edición de Teatrofilia que poderán recoller na súa billeteira. -Do mesmo xeito, concederase un premio accésit ao mellor cartel infantil (3-12 anos) 


5º) XURADO 

-O Xurado estará formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos. 
- A A.C. Papaventos resérvase o dereito de declarar deserto o premio en caso de que ningún cartel acade os requisitos demandados. 
-O fallo do xurado darase a coñecer nos 15 días seguintes da finalización do prazo de entrega a través da páxina web do concello, boletín, do Facebook e do blog de Papaventos, www.asociacionpapaventos.blogspot.com. 
- O veredito do xurado será inapelable.


6º) TRABALLOS PREMIADOS 

- O cartel que resulte elixido para anunciar a XI edición de Teatrofilia cederá todos os dereitos sobre o seu uso, adaptación e explotación á Asociación Cultural Papaventos e poderá ser utilizado sobre calquera soporte gráfico, Internet, merchandising, etc. 
-Tanto o premio do cartel gañador como o accésit infantil serán entregados aos seus autores/a o día da inauguración de Teatrofilia. 


7º) TRABALLOS NON PREMIADOS 

- Todos os traballos serán expostos durante a mostra e poderán ser recollidos polos seus autores/as nun prazo de 15 días unha vez rematada a mostra. Rematado este prazo a A.C Papaventos entenderá que os autores renuncian aos traballos presentados.
-Se os traballos non premiados non se demandan no prazo indicado, Papaventos entenderá que os seus autores/as renuncian á súa propiedade, podendo destruílos ou darlle o destino que crea máis oportuno


8º) PUBLICIDADE
- Os sucesivos anuncios e novas sobre este Concurso de Carteis serán publicados en www.asociacionpapaventos.blogspot.com e na páxina web do Concello de Vedra.


9º) NORMA FINAL
- Os concursantes, pola súa mera presentación, aceptan integramente as bases deste concurso. Datos de contacto: 

Asociación Cultural Papaventos- Andaravía Teatro 
Rúa da Boca nº 9 15885 Vedra A Coruña 
ac_papaventos@yahoo.es 
www.asociacionpapaventos.blogspot.com 
Tlf: 626937587 /686181861