31 de xan. de 2008

Xa hai gañadora do concurso de carteis

En total foron 25 os carteis presentados ao certame, e podemos asegurar que non foi nada fácil realizar as votacións porque había moi boas propostas.

Finalmente, o deseño gañador foi o de Aida Pérez Vázquez, de Boqueixón, cun cartel que en breve colgaremos na rede. Parabéns!

Aos demais, moitísimas grazas por participar, e agardamos contar coas vosas xeniais ideas na vindeira edición.

Recordade tamén que por participar, tedes dereito a un bono para toda a programación de Teatrofilia, e que poderedes recoller no concello de Vedra a semana previa ao festival ou na billeteira durante a súa celebración.

E máis nada, seguimos traballando no tema.

Apertas!